CRTVG

Buscar

Morre en Sevilla o humorista Juan Joya Borja, o 'Risitas'

Publicado o 28/04/2021 22:54
Morre en Sevilla o humorista Juan Joya Borja, o 'Risitas'

O humorista sevillano Juan Joya Borja, máis coñecido por o Risitas, faleceu este mércores en Sevilla aos 65 anos vítima dunha complicación da enfermidade que padecía habíaía varios anos.

Desde setembro de 2020 residía no hospital da Irmandade da Santa Caridade, desde onde se confirmou o falecemento e se precisou que esta tarde foi trasladado ao hospital Virxe do Rocío tras unha recaída, onde finalmente faleceu.

Nacido en Sevilla o 5 de abril de 1956, a súa vida non tiña relación ningunha coa televisión ata que apareceu en escena cara ao ano 2000 no programa El vagabundo de Jesús Quintero, onde contaba as súas vivencias. En realidade, o seu estilo tiña que ver coa súa risa contaxiosa máis que co contido do seu material, como se poñía de manifesto en todas as súas aparicións.

A súa vida profesional levouno mesmo ao cinema, e apareceu en Torrente 3, de Santiago Segura, aínda que alternaba períodos de aparicións en medios de comunicación con longas tempadas anónimas que adoitaba pasar en Punta Sombría (Huelva), praia onde se lle podía ver nun bar contando os seus chistes, á vez que se ofrecía a amenizar festas co seu humor.

O Risitas sufriu en setembro de 2020 a amputación dunha perna debido a complicacións cardiovasculares, e a pesar da súa fama e anos de carreira, quedou a vivir no Hospital da Caridade, que dá acubillo desde hai séculos na súa residencia-hospital a anciáns enfermos, sen recursos ou sen familiares que se poidan facer cargo dos seus coidados.

A súa morte causou unha fonda conmoción e acumula miles de comentarios en redes sociais desde que se coñeceu a noticia pouco antes das 22:00 horas.