CRTVG

Buscar

Morre en prisión Bernard Madof, o grande estafador de Wall Street

Publicado o 14/04/2021 18:27
Morre en prisión Bernard Madof, o grande estafador de Wall Street

Morreu na prisión Bernard Madoff. Recordámolo como o grande estafador de Wall Street. O financeiro, de 82 anos, defraudou no 2008 máis de 64.000 millóns de dólares grazas á trama piramidal que dirixiu durante 45 anos. Estaba condenado a 150 anos de cadea e en febreiro de 2020, alegando problemas de saúde e despois de dez anos entre reixas, pediu clemencia. Non se lle concedeu, pero foi trasladado a un centro de coidados paliativos do sistema de prisións. Morreu por causas naturais e sen visitas desde hai máis de dez anos.

Noticias web

14/04/2021