CRTVG

Buscar

Morre dun tumor cerebral a principal testemuña da operación Carioca

Publicado o 03/08/2020 15:20
Morre dun tumor cerebral a principal testemuña da operación Carioca

A principal testemuña no xuízo pola operación Carioca faleceu recentemente a causa dun tumor cerebral. A muller, que tiña 29 anos cando morreu, foi clave para destapar o caso en que se investiga unha trama de prostitución en Lugo.

A falecida fora sometida a un aborto cando contaba 18 anos, do que lle quedaron importantes secuelas. O dono do club onde traballaba e o xinecólogo que practicou o aborto son os dous acusados nun xuízo que está previsto para outubro e en que se piden catro anos e medio de cadea para cada un deles.

Noticias web

03/08/2020