CRTVG

Buscar

Morre David Prowse, o actor que interpretou a Darth Vader

Publicado o 29/11/2020 11:29

O actor birtánico David Prowse, de 85 anos, fíxose moi popular despois de encarnar a Darth Vader na primeira triloxía da saga de Stars Wars. Faleceu despois dunha breve enfermidade, como confirmou o seu axente. Nunha mensaxe nas redes sociais e sen precisar detalles agregou a célebre frase "Que a forza te acompañe, sempre".

O traballo que lle deu fama a Prowse internacionalmente, que mesmo lle valeu a condecoración como Membro do Imperio Británico, foi o de Vader na famosa orixinal triloxía da Guerra das Galaxias, un traballo que recibiu grazas ao seu impoñente físico, xa que medía 1,98 m. Iso si, o seu marcado acento galés non lles pareceu apto para a franquía cinematográfica, polo que foi dobrado por James Earl Jones.

Antes de pasar ao cine, Prowse foi culturista na súa cidade, Bristol, e tamén representou a Inglaterra en levantamento de peso nos Xogos da Commonwealth nos anos 60. Durante cinco décadas traballou como actor despois do seu debut nunha parodia da película "Casino Royal", da saga de James Bond. Tamén apareceu en disdtintas series de televisión.

 

Noticias web

29/11/2020