Morre ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Vilarmaior
Publicado o 16/08/2021 09:51
EFE
Un home de 73 anos perdeu a vida, a pasada noite, ao envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapado baixo o mesmo, no concello coruñés de Vilarmaior.
Os feitos tiveron lugar ás 23:00 horas e foron os servizos médicos os que alertaron ao 112 Galicia. Así, indicouse que unha persoa estaba atrapada baixo un vehículo agrícola no lugar de Caneiro, parroquia de Doroña. Segundo parece, o tractor impactou contra un remolque e envorcou, chegando a colidir cunha vivenda.
Desde o CIAE-112 Galicia alertouse, inmediatamente, aos Bombeiros de Betanzos e aos axentes da Garda Civil.Unha vez os medios chegaron ao lugar, tan só puideron confirmar o falecemento do home.