CRTVG

Buscar

Morre acoitelado un mozo de 26 anos en Córdoba

Publicado o 20/09/2019 14:33

Asasinan a coiteladas un mozo e feren outra moza nunha zona residencial de Cabra, en Córdoba. A parella, que estaba no seu coche, foi asaltada de madrugada. A Policía está a buscar un sospeitoso. O xulgado decretou o segredo de sumario. 

O mozo de 26 anos faleceu practicamente no acto despois de recibir varias coiteladas. A moza, que tamén foi agredida, foi trasladada ao Hospital Infanta Margarita. Ten feridas leves nas mans e xa foi dada de alta. Ao parecer, o asalto tivo lugar cando estaban no coche e o rapaz saíu do vehículo e comezou un forcexo co autor do crime. A agresión mortal produciuse a uns 200 metros.

Fernando Priego, alcalde de Cabra: "Un vehículo zeta do Corpo Nacional de Policía estivo estivo patrullando esa mesma zona só media hora antes do triste acontecemento sen detectar ningun tipo de anomalía.

A Policía Nacional investiga para aclarar os feitos. Ao parecer, a agresión podería ser rexistrada por cámaras de videovixilancia que hai na zona e están a buscar un sospeitoso. Os axentes esperan que o testemuño da moza ferida sexa decisivo para tratar de identificar o autor do crime. De momento, non hai detidos. A autoridade decretou o segredo de sumario.

Noticias web

20/09/2019