CRTVG

Buscar

Morre acoitelada unha moza de 20 anos en Motril

Publicado o 14/04/2021 08:31
Morre acoitelada unha moza de 20 anos en Motril

Detida unha muller de 34 anos pola morte a coiteladas doutra coa que vivía en Motril, Granada. O suceso aconteceu contra as tres da tarde deste martes no cortixo onde vivían as dúas mulleres. A agresora entregouse á policía e confesou o crime.

Dixo que previamente discutiran. O corpo sen vida da vítima, de 20 anos, foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense para facerlle a autopsia. Ata a vivenda desprazáronse axentes da policía científica e da xudicial para recadar probas e buscar a arma branca empregada no crime.




 

Noticias web

14/04/2021