CRTVG

Buscar

Morre a nena que caeu a unha piscina en Cangas

Publicado o 30/07/2021 20:45
Morre a nena que caeu a unha piscina en Cangas

Despois de nove días ingresada no hospital, falece a nena que afogou nunha piscina de Cangas. A cativa estaba na unidade pediátrica do Cunqueiro de Vigo. Chegou alí xa nun estado moi crítico. E a pesar dos esforzos, non se puido facer nada pola súa vida. Os feitos ocorreron o mércores da semana pasada. A nena caeu accidentalmente na piscina duns familiares. Sacárona da auga e conseguiron reanimala pero o seu estado era moi delicado. A familia pediu que non haxa visitas ao tanatorio para poder despedir a cativa na intimidade.

Noticias web

30/07/2021