CRTVG

Buscar

Morre a muller de 75 anos que sufriu un atraco nun ascensor en Vitoria

Publicado o 14/05/2019 19:42

Morreu a muller de 75 anos que sufriu un atraco no ascensor da súa casa o domingo pasado. Estaba ingresada no hospital de Vitoria debido á gravidade das feridas que lle causaron os dous atracadores.

A agresión produciuse no ascensor. Dous mozos subiron con ela ata o quinto andar. Pegáronlle e roubáronlle o bolso. Despois fuxiron. Os veciños escoitaron os berros da vítima e chamaron a policía.

Tras dous días na UCI, finalmente faleceu. A Ertzaintza ainda non deu cos agresores.

Noticias web

14/05/2019