Moreas de persoas saltan en Vigo as normas fronte á covid
Publicado o 25/12/2020 16:08
Vigo é unha das zonas de Galicia con maior incidencia de coronavirus. Despois de meses de pandemia sabemos o que temos que facer, Pero parece que durante o Nadal se nos esquece.
Moreas de persoas xuntáronse nas rúas de Vigo nas últimas horas para beber incumprindo as normas de seguridade. A policía local viuse desboradada.
Lembren que a partir das 11 desta noite os concellos volven ás restriccións que tiñan antes do permiso concedido estes días para visitar familiares polo Nadal.