Monumentos emblemáticos locen de cor verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro
Publicado o 03/02/2019 20:50
Este luns celébrase o Día Mundial contra o Cancro. Arestora son xa moitos os monumentos que, coma a muralla de Lugo, locen de cor verde para conmemoralo. A incidencia da enfermidade aumentou nos últimos catro anos nun 12%. En Galicia detectáronse en 2018, 19.000 casos novos. Aumentan os casos, pero tamén o índice de supervivencia, que representa máis da metade dos enfermos.