CRTVG

Buscar

Montse Pena Presas, autora de 'Intempestiva', unha biografía (literaria) de Xela Arias: "Non só foi a poeta urbana, quixo levar a poesía á xente"

Publicado o 30/04/2021 17:14

'Intempestiva', Ed. Galaxia, é unha biografía (literaria) de Xela Arias, un relato construído sobre feitos reais. Montse Pena estrutura a biografía en cinco etapas en que Xela Arias se converte en personaxe e a súa vida nun relato. A biografía inclúe tamen a 'playlist' coas músicas que influíron na vida e na creación de Xela Arias.