Monterroso pasa por primeira vez ao nivel máximo de restricións
É a primeira vez que Monterroso pasa ao nivel máximo de restricións.
"Nunca tivemos tantos casos", din na vila.
Pero agora en poucos días os contaxios disparáronse e xa rozan o medio cento.
"A liberdade, fixeron festas onde se xuntou moita xente", aseguran.
A maioría dos casos saíron dun cribado que se fixo á rapazada e no que citaron 500 persoas.
"Mobilizámonos polas redes sociais para que desen os seus datos e facer o cribado. O comportamento da xente foi exemplar, fíxose un autoconfinamento", di a alcaldesa, Rocío Seijas.
E nótase na rúa e nos negocios, os veciños só saen ao imprescindible. As novas restricións afectan sobre todo a hostalería, os veciños terán que presentar o certificado de vacinación ou unha proba negativa para acceder ao interior dos establecementos, e hai preocupación no sector.
Xunto a Monterroso, outros tres concellos da provincia, Burela, Viveiro e Foz, pasan tamén ao nivel máximo de restricións.