Monterrei solicita ser declarado zona de emerxencia para combater os danos do incendio que causou perdas de 1,8 millóns
Publicado o 05/08/2020 21:10
A corporación municipal de Monterrei aprobou por unanimidade solicitar ao goberno de España a declaración de zona de emerxencia polos danos sufridos no incendio forestal que arrasou 1.535 hectáreas, o maior este ano en Galicia.
Segundo os datos de Medio Rural, do total da superficie queimada, arderon 525 hectáreas agrícolas, viñedos e tamén hortas. Das 1.010 hectáreas forestais, 50 foron arboradas pero afectou especialmente aos soutos, onde arderon moitos castiñeiros, algúns centenarios.
Segundo o Concello, a primeira estimación dos danos supera os 1,8 millónsns de euros. Con carácter urxente van solicitar axudas ás distintas administracións para facer fronte a este importantes danos.