O concello de Monterrei declárase zona de emerxencia
• Xosé Luís Suárez, alcalde de Monterrei : "O luns caeu a tormenta perfecta"
• Axentes e veciños, co susto aínda no corpo tras as riadas
• O Goberno navarro pedirá a declaración de zona catastrófica
Difícil recuperarse da conmoción vivida en Albarellos pola enchente que anegou casas e obrigou a rescatar varias persoas.
Casos semellantes en Vilaza e Infesta onde practicamente todas as adegas e garaxes se inundaron.
E seguen tamén as tarefas de desentullo e limpeza nas rúas, e Infesta algunhas están intransitables aínda.
Os propietarios dos viñedos comprobaban hoxe os graves destrozos. O Consello Regulador da DO de Monterrei está cuantificando a superficie afectada.
Os vídeos gravados polos veciños dan mostra da riada que arrasou Infesta.
Hoxe o Concello de Monterrei aprobou solicitar a declaración de zona de emerxencia, nunhas primeiras estimacións calculan que os danos en camiños, infraestructuras e zonas públicas ascenden o millón de euros. Isto sen contar coas importantes perdas dos veciños afectados.