CRTVG

Buscar

Montero non cre que prospere a investigación sobre a coidadora dos seus fillos

Publicado o 03/03/2021 16:03

A ministra de Igualdade, Irene Montero, pronunciouse hoxe sobre a investigación aberta polo presunto uso dunha asesora do seu ministerio como coidadora dos seus fillos. Montero non cre que a causa prospere, pero critica o dano que lle está facendo á súa imaxe pública. 

"Quen repara o dano desas portadas? Quen repara o dano desas preguntas feitas por xornalistas que analizan escrupulosamente eses casos? Quen repara ese dano? Eu augúrolle que isto vai rematar como as ducias de casos que sobre Unidas Podemos se levan aos tribunais e terminan arquivados", asegurou Montero.

Noticias web

03/03/2021