CRTVG

Buscar

Montederramo réndelle homenaxe ao gando vacún, do que viven a maioría dos veciños

Publicado o 12/10/2021 21:35

En Montederramo hoxe quixeron renderlle homenaxe ao seu produto estrela, do que viven a maioría dos veciños do concello. Son máis de 80 produtores de gando vacún. A maioría son xente nova que crían as reses en extensivo e cos mellores coidados para que a carne resulte exquisita na cociña.

Fran conseguiu con 21 anos a súa explotación de gando vacún en Montederramo. Apaixonado do mundo rural dende pequeno coida as súas reses en extensivo, con pastos naturais ao longo de sete meses. Coidados que se notan, e moito, no sabor desta tenreira galega suprema. Aínda que a calidade do produto é dos mellores do mercado a pandemia pasoulle factura ao sector.

Montederramo é dun dos municipios con máis gandería de Ourense. Contabilízanse unhas 6.000 cabezas de gando. Neste intre conta cuns 80 produtores, a metade menores de 40 anos. Xente nova que apostou por un sector que vai ligado a identidade deste municipio. 

Foron moitos os que visitaron esta mostra interesándose por este tipo de gando. Expuxeron preto de 150 cabezas para dar a coñecer un produto especial dos máis cobizados polas mellores cociñas.

Noticias web

12/10/2021