Monteagudo: "Un punto en Riazor é importante para nós"
De maneira ben diferente se viviu ese empate nas filas do Lugo. O punto rescatado en Riazor sabe a vitoria para os de Monteagudo. Fundamental a actuación de Juan Carlos baixo os paus. O gardameta frustrou as ocasións máis claras do Deportivo. A expulsión de Juan Carlos tras un choque con Carlos Fernández non cambiou o guión do encontro. O Lugo, que acabaría xogando con 9, defendeuse das acometidas dos coruñeses. O empate sóubolles a gloria.
Alberto Monteagudo: "Con dez e con nove xa o partido non ten máis historia que defender, defender e non atacar nunca. E é un punto para celebrar porque o normal é perder, nas circunstancias que se puxo o partido cun equipo tan poderoso. O vestiario está moi contento, a afección creo que tamén e agora hai que facelo bo o domingo que vén na casa. É normal, non, vés a este campo xogar contra un equipo que está feito a dedo, ten os mellores futbolistas da categoría, que está feito para o que está feito e ao final es consciente de que vas a sufrir. É como cando vas ao Bernabeu ou ao Campo Nou que sabes que che van esixir. O equipo quería gañar, polas circunstancias o partido púxose complicado. Un punto neste estadio é importante para nós".