CRTVG

Buscar

Monteagudo asegura que o Lugo fixo un partidazo

Publicado o 08/04/2019 18:08

E o Lugo segue no perigo. O Lugo fixo un partido espectacular co Osasuna pero sumou unicamente un punto.

Sesenta e cinco minutos en que o líder da categoría parecía o cadro lucense. Con goles de Cristian Herrera e Escriche.

Pero o Lugo quedou sen gasolina cando faltaban trinta minutos e o Osasuna someteu o equipo de Alberto Monteagudo. O dinamismo, a intensidade, o fútbol do Osasuna pechou o Lugo no seu campo. E así chegaron as numerosas oportunidades. David Garcia e Xisco empataron o encontro. E a traxedia estivo a un paso de producirse. Juan Villar tivo a ocasión do triunfo do Osasuna. O ferro aliouse co Lugo.

Noticias web

08/04/2019