Mónica García asume "a responsabilidade" de "liderar o cambio" en Madrid
EFE
EFE
A candidata de Más Madrid ás eleccións autonómicas madrileñas Mónica García asumiu esta noite o liderado da oposición ao PP de Isabel Díaz Ayuso, tras superar en votos ao PSOE, atribuíndose "o compromiso e a responsabilidade de ser a forza política que lidere a alternativa e o cambio na Comunidade".
"Esta noite demóstrase que hai un espazo político verde, feminista e madrileño que non só se consolida, senón que ademais ten unha ampla marxe de crecemento", declarou García ante os medios á vez que decretou o inicio da "conta atrás para as eleccións de dentro de dous anos". Co 98,9 % do voto escrutado, Más Madrid suma 24 escanos, catro máis que en 2019 e os mesmos que o PSOE, ao que ademais avantaxa en número total de votos, con 607.937 fronte aos 604.491 dos socialistas.