CRTVG

Buscar

Mónica Cartelle: "Non sabemos que vai pasar cando volvamos á rúa, o ideal sería unha vacina"

Publicado o 07/04/2020 10:19

Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana, nos Estados Unidos, fala no Bos días do factor inmune na COVID-19.

A profesora Cartelle asegura que "aínda é moi pronto para coñecer o coronavirus. É moi pronto, e na investiagación nunca coñecemos todo. Hai que pensar que algúns virus levámolos estudando 20 ou 30 anos. Coñecemos moito mellor o SARS e o MERS do que coñecemos este. Este ten unha taxa de transmisión que outros non tiñan é aínda é moi pronto para coñecer este virus".

"Na Universidade de Pittsburg teñen unha vacina potencial, pero aínda é pronto, isto colleunos por sorpresa aos investigadores", asegura Mónica Cartelle. "O obxectivo final dos virus e bacerias é ter onde vivir é nós somos o hotel cinco estrelas; infectar e martarnos non os leva a nada, ese e o seu último ciclo. Con todo, a COVID está sendo exitosa como virus en canto a contaxios, e a mortalidade parece que non é tan alta. Aínda que todos os países teñen diferentes maneiras de reportar as mortalidades, é pronto para a saber as reais, e poder determinar a súa mortalidade".

"É un virus que pode ser asintomático é iso é moi complicado para coñecelo ben, porque hai que estudar moita poboación. As recomendacións das máscaras son boas, a maiores da distancia social,  porque a súa función é evitar o contaxio, e pode previr, pero hai que ter coidado no mal uso. Se é caseira hai que lavala moito, e se non o é, descartala despois de utiizada. Pero mellor previr. Usala", asegura a profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía.

"Traballo nun hospital de caridade, estamos axudando as persoas que non teñen recursos. Estamos a facer probas de inmunidade e buscando marcadores cuantitivos indemendente da idade do doente. Hai novos que teñen máis problemas que xente maior que está forte. No noso hospital só estamos a invertigar o COVID-19", aclara Mónica Cartelle.

"É certo que vai a haber agora unha crise económica. Pero agora o importante é saber como solucionalo, porque calquera pode traer o virus sen síntomas e nós non sabelo".

"Non sabemos moito de como vai ir cando saíamos á rúa. O ideal é atopar unha vacina", conclúe Mónica Cartelle.

Noticias web

07/04/2020