CRTVG

Buscar

Monforte supera a barreira dos 500 casos de incidencia

Publicado o 03/08/2021 15:44

"Estaba cantado que isto ía pasar. Non ten que vir Sanidade, estábase vendo que ía pasar. Estás vendo reunións, estás vendo cousas que dis vaia que isto se nos vai e fóisenos", di Justo Rodríguez, encargado nun restaurante.

Os monfortinos sabían que isto podía pasar. Levan todo o mes de xullo vendo como os contaxios ían en aumento como nos conta unha veciña.

"Eu dixen que en agosto imos acabar pechando cos movementos que vías, 'botellóns', hai moito para ser un Monforte que é tan pequeno".

O sábado subiron ao nivel alto de restricións co que iso implica sobre todo para a hostalaría que son os que máis notaron o cambio.

Xusto agora no mes de agosto que é cando reciben a maior afluencia de visitantes. Con 518 casos de incidencia acumulada, saben que agora toca remar todos xuntos para poñerlle freo á pandemia.


 

Noticias web

03/08/2021