CRTVG

Buscar

Monforte e Verín recuperan parte da súa normalidade a partir deste xoves

Publicado o 25/11/2020 14:51

Monforte recupera en apenas unhas horas boa parte da súa actividade cotiá. Pasa ao nivel 2 de restricións. Hai satisfacción entre os veciños, pero tamén moita prudencia.

As xuntanzas, a mobilidade e a hostalería notarán un certo alivio, posible grazas á mellora dos datos.

Verín é outro deses concellos. A día de hoxe ten un só caso activo. Hai un mes eran 92. Mañá volve a actividade á hostalería.

Outros municipios da provincia de Ourense como Coles ou Amoeiro forman parte tamén deses concellos que a partir desta medianoite notarán un alivio nas restricións.

Noticias web

25/11/2020