Monforte de Lemos sobe a nivel medio de restricións este sábado
Publicado o 28/05/2021 14:52
Interior da hostalería ao 30 por cento e na terraza ao 50 por cento. É un dos cambios máis significativo do novo nivel de restricións no que entrará o concello lugués de Monforte de Lemos este sábado.
O motivo é o incremento de casos na última semana. Actualmente contan con 22 positivos pero 19 deles detectáronse nos últimos sete días. Un gromo que afecta distintos centros educativos, onde este venres se contabilizaba unha decena de casos.
Xunto a Monforte entrarán en nivel medio outros 11 concellos galegos: Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, e Vilalba.