Monforte de Lemos é o único concello que queda no nivel medio
Publicado o 18/09/2021 17:07
Monforte de Lemos é o único concello que está no nivel medio dende este sábado, a causa do gromo que se detectou logo das festas de mediados de agosto. Desta volta a hostalería xa non depende dos casos que hai na localidade, senón das medidas de protección que queiran adoptar.
A maior parte do empresariado do sector opta polo nivel máis básico de protección, pero recoñecen que recuperar os consumos habituais de momento está difícil.
Respecto ao resto de concellos, en Monforte o ocio nocturno ten limitada a ocupación ao 75 por cento no exterior. A catorce días, a incidencia acumulada por cen mil habitantes en Monforte supera os 500 casos.