CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Quedo coa reacción dos xogadores nos últimos minutos"

Publicado o 03/03/2021 21:35

Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro, recoñeceu erros graves na derrota do seu equipo ante o Movistar Estudiantes (87-91), pero quedou coa “reacción” do seu equipo cando no último cuarto logrou remontar 16 puntos. “O desexo de non deixarnos ir fixo que nos puxésemos a catro a falta de dous minutos e pico. Pero dúas perdas e o triplo de Brown sobre a bucina acabaron de pechar o partido. Quedo coa reacción do equipo no últimos cinco minutos. O basket-average nesta liga é moi importante”, comentou.

Noticias web

03/03/2021