CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Fáltanos agresividade na defensa. É o noso talón de Aquiles"

Publicado o 18/03/2021 17:11

Moncho Fernández teno claro: "Fáltanos agresividade na defensa. É o noso talón de Aquiles".

Ademais a covid-19 e as lesións estánlle a pasar ao Monbus Obradoiro unha factura máis cara do que parece e un dos damnificados é Laurynas Birutis, que non puido xogar en Badalona pero que confía en estar ás ordes de Moncho Fernández este sábado en Sar fronte ao Unicaja de Málaga.

O pivote lituano foi un dos máis afectados polo contaxio do coronavirus, dos que quedou máis debilitado pola perda de peso e masa muscular. Ademais, ao pouco de deixar atrás a corentena, danouse un xeonllo nun adestramento. Xogou varios partidos con dor na articulación. Pero as molestias non só non remitiron senón que foron a máis e tivo que parar ante o Joventut.

Noticias web

18/03/2021