CRTVG

Buscar

Monaghan e Peña levantan a Básquet Coruña que gaña o primeiro partido da serie

Publicado o 21/05/2021 22:42
Monaghan e Peña levantan a Básquet Coruña que gaña o primeiro partido da serie

Cando as cousas estaban máis complicadas cun 59-65 a menos de cinco minutos para o final do primeiro partido da serie entre Leyma Coruña e Oviedo apareceron Monaghan e Dago Peña para darlle a volta ao partido. 

Cun parcial de 12-0 en tres minutos (seis puntos de Monaghan e outros tantos de Peña) o conxunto coruñés volveu coller o mando do partido (71-65) que xa non soltaría ata o final (74-66).