CRTVG

Buscar

Mollejo desexa que volva o fútbol, pero con seguridade

Publicado o 26/04/2020 14:18

Se todo vai segundo o previsto, a volta aos adestramentos no fútbol profesional podería estar próxima. Outra cousa será que volva a competición. Paso a paso e cumprindo un complicado protocolo, as ligas poderían rematar. Os futbolistas teñen as súas dúbidas. O xogador do Deportivo, Víctor Mollejo, falou da posible volta a actividade no programa La Resistencia Mal. Apelou á seguridade. "Eu, pola miña parte creo, como moitos xogadores, que se non se nos garante unha seguridade mínima, ao final non ten sentido que nós, que non somos máis que xogadores de fútbol, teñamos tests de coronavirus antes que outra xente que está a pé de guerra"

Mollejo manifestou que, se se superan os obstáculos, estaría encantado de volver xogar, entre outras cousas, porque pode ser bó para a imaxe dos futbolistas. "Eu, no momento no que digan que o fútbol volve serei o máis feliz porque volve o noso traballo e porque nos somos personaxes públicos que a xente nos coñece, e pode ser un exemplo. Os futbolistas as veces temos unha imaxe non moi boa e pode ser unha oportunidade para nós se nos toca xogar nun momento no que non se nos garante a seguridade ao cento por cento e que sen problema imos facelo"

Mollejo, cedido polo Atlético de Madrid, falou tamén das súas opcións de continuar no Deportivo a vindeira temporada."Sí, opción hai, evidentemente. A verdade é que é un sitio espectacuklar para facer a carreira aquí e para asentarte. É incrible, pero eu pertenzo a outro clube, ntón é difícil poder dicir que sí a iso"

A conclusión é que esta temporada tan estraña agocha aínda demasiadas incógnitas.


 

Noticias web

26/04/2020