CRTVG

Buscar

Moitos aloxamentos da Costa da Morte colgan o cartel de completo

Publicado o 03/04/2021 00:18

Na Costa da Morte son moitos os hoteis e casas rurais que están ao completo neste tramo final da Semana Santa. A ocupación oscila entre o 50 e o 100 por cento segundo as localidades e o tipo de aloxamento. As reservas de última hora foron decisivas.

No hotel rural de Laxe que rexenta Carmen, que está completo, houbo reservas con antelación, pero moitas de última hora. Importante -din- a política de cancelación, que non se penalice o cliente.

Unha gran parte dos seus clientes, todos galegos, veñen das Rías Baixas. Para este sábado e domingo, a pesar da gran demanda, aínda quedan prazas hoteleiras para aqueles que se queiran achegar á Costa da Morte.

Noticias web

03/04/2021