CRTVG

Buscar

Máis de 52.000 persoas, moitos estudantes, solicitaron en Galicia o voto por correo

Publicado o 18/05/2019 20:57

As oficinas de Correos abren de 9 a 2 este domingo para que os que o solicitaron poidan entregar o seu voto. Moito estudantado, nesta de Santiago, onde a maioría chega co aviso do carteiro para poder recoller a documentación electoral e ir votar. Os comicios cadran con exames, e os que teñen pensado pasar esa fin de semana na biblioteca prefiren deixan o traballo feito.

"Eu voto por correo porque teño exame ao día seguinte das eleccións aquí en Santiago. Entón non me cadraba moi ben." "Eu penso que hai moita xente que é de fóra. Eu son da Coruña, e non estou tan lonxe, pero é máis cómodo porque estamos aquí estudando." Din estas estudantes.

Ata este xoves, en Galicia, solicitaran o voto por correo 52.516 persoas. En todo o estado Correos levaba 961.218 peticións. Unha cifra que aumenta nun 33% con resptecto ás municipais de hai catro anos, pero inferior á das últimas Xerais. Cada vez máis xente opta por este medio para non ter que desprazarse ou dispoñer d a xornada libre.

"Prefiro facelo por correo, e así ese día estou dispoñible para calquera outra tarefa familiar sen estar pedente de ir votar." "Eu tiña que votar no concello de Valdoviño e non vou estar alí, estou aquí. Vin solicitalo é a primeira vez que o fago así, coincidiu así e ben, todo ben."

Correos reforzou o persoal nas oficinas postais e tamén o número de carteiros. Con esta ampliación de horarios na fin de semana agardan que os electores non deixen para o último día o envío do seu voto.

Noticias web

18/05/2019