Moitos cidadáns anónimos entre as autoridades que despediron o político
Publicado o 11/05/2019 14:41
Contra as dúas deste mediodía, hai pouco máis de media hora, pechaba a capela ardente para despedir a Alfredo Pérez Rubalcaba. Foi un goteo incesante de autoridades, compañeiros e rivais políticos, estiveron tamén os reis eméritos e moitísimos cidadáns anónimos, que fixeron longas ringleiras ao longo de toda a mañá para dar o último adeus ao político. Agora será a súa familia a que o despida na máis estricta intimidade.