CRTVG

Buscar

Moitas hipóteses envolven o primeiro incendio intencionado en Galicia no que vai de ano

Publicado o 23/03/2021 14:43

Había case cinco anos que os veciños de Folgoso, da parroquia compostelá de Figueiras, deixaron de ver lume non seus montes. Na última década sufriron 36 incendios que cesaron no ano 2016, cando un veciño da zona foi detido como responsable reincidente de varios incendios, pero o sábado de madrugada volveron experimentar o medo cando o lume se iniciou preto de varias casas arrasando 40 hectáreas de monte.

As hipóteses sobre quen pode estar detrás deste incendio son varias, pero todos teñen claro que algo se esconde trás esta vaga de incendios que arrasa centos de hectáreas dos seus montes. 

Os expertos en incendios da Policía Autonómica xa están investigando os feitos para esclarecer as causas da primeira queima de importantes dimensións que sacode Galicia este ano.

Noticias web

23/03/2021