CRTVG

Buscar

Moitas celebracións polo Día do Pai nas terrazas, debido ás normas sanitarias

Publicado o 19/03/2021 14:39

Para moitos é todo un referente. "Significa todo para min, sempre me apoia", di unha rapaza.

Hai quen merca un agasallo, pero posiblemente o mellor plan para celebrar o día do pai é pasar tempo xuntos
"Celebralo dunha forma máis persoal, no canto dun agasallo material temos pensado pasar o día con el", di un mozo.

As actuais normas sanitarias impostas pola pandemia prohíben as reunións de non conviventes nos domicilios, e limítanas a 4 persoas no interior dos locais de hostalería. Por iso, as terrazas son o escenario de moitas celebracións. "Estou aquí coa miña irmá e imos xantar co noso pai", di unha muller.

Un estímulo para a hostalería. Nalgúns establecementos mesmo colgaron o cartel de completo, como explica David Mariño, da Bodeguilla de San Lázaro.

Encontros ao aire libre para frear a transmisión do virus sen renunciar ao máis importante. "O importante é estar xuntos", conclúe unha rapaza. 

Noticias web

19/03/2021