CRTVG

Buscar

"Moita videochamada e moito quérote desde lonxe ata que poidamos darnos unha aperta"

Publicado o 24/12/2020 13:20

Esta será unha noite moi distinta á doutros anos en todos os fogares. Sen visitas, sen reunións con amigos, con menos familiares. Hai que ser prudentes, pero hoxe quixemos saír á rúa para coñecer os plans que teñen organizados os galegos nesta Noiteboa tan diferente.  

Así pasarán as festas moitos galegos: ceas moi reducidas e compartindo de lonxe con todos aqueles cos que non poderemos sentar á mesa. Neste Nadal tan diferente, todos coinciden no que máis botarán en falta.

Para que todas esas apertas que hoxe non terán se poidan dar o antes posible, o que toca agora é ser prudente e agardar ese momento en que poidamos reunirnos.

Noticias web

24/12/2020