CRTVG

Buscar

Moita polémica na resolución do Campionato Galego de Rallys, Víctor Senra négase a participar na derradeira proba

Publicado o 03/11/2020 16:04

A maioría dos pilotos consideran a norma que dirime o campionato galego inapropiada nun ano con tan poucas carreiras. Entre eles o líder Víctor Senra, con dúas vitorias que agora poderían quedar en papel mollado, e o segundo na clasificación, Alberto Otero. Ambos néganse a competir na Mariña. Si estarán outros aspirantes ao título, coma Iago Caamaño ou Alberto Meira, tras un intento de acordo entre pilotos que non chegou a bo porto

A federación comprometeuse a estudar unha reforma normativa para o vindeiro ano.

Deste xeito, todo queda pendente do que suceda na Mariña, sempre e cando a pandemia non impida a súa disputa.

Noticias web

03/11/2020