Moita afluencia no Festival de Xardíns de Allariz
Publicado o 17/05/2021 22:00
Abre a edición número once do Festival Internacional de Xardíns de Allariz despois da paréntese do ano pasado pola pandemia.
A perda e o desarraigo séntense neste camiño cara á emigración de Rosalía, así se chama a proposta galega nesta edición do festival de xardíns. Son dez os xardíns a concurso, de paisaxistas de Alemaña, China, Arxentina.
Así ven dous creadores madrileños o xardín de futuro, desertizado e sementado con poemas pesimistas. Un xeito de concienciar da importanza de coidar o medio. Un compromiso que comparte a organización do festival.
E esta é a homenaxe do alumnado de Allariz a Xela Arias. Ata o un de novembro que pecha está previsto que 50 mil visitantes pasen por aquí.