CRTVG

Buscar

Moeche pasou dunha incidencia moi baixa a ter unha das máis elevadas en pouco tempo

Publicado o 09/02/2021 15:07

O ano pasado apenas tiveron casos activos en Moeche e quizais por ese exceso de confianza o 2021 comezou revirado. Pero tamén das cousas malas saen lecturas positivas. Begoña sentiuse útil como nunca antes lle pasara.

"Neste servizo de farmacia, moita gratitude porque vexo o que realmente a xente de Moeche confía en nós e valoran moito o noso servizo", comenta ​Begoña Pérez, boticaria

Ariadna abriu, a súa mercería, a única tenda que hai no concello hai 5 meses, cando comezaba a segunda onda.

"Intento ter variedade de produto porque é o que queda aberto e  a xente agradeceuno bastante, alegrouse moito de que volvera a haber un comercio aquí e ben, a verdade que ben", narra ​Ariadna Breijo, empresaria. 

Juan que leva 30 anos sendo o barbeiro de Moeche, hoxe nin sacou as tesoiras da funda.

"A xente ten medo e non sae da casa", apunta ​Juan Manuel Regal, barbeiro. 

"Eu creo que nos vai pasar factura a longo ou a curto prazo", fala ​Victoria Picos, veciña de Moeche. 

"Na idade como teño eu, por exemplo, que tivemos que restrinxir esa liberdade que tiñamos para saír, para ir aquí, para ir alí, para ir un día ao baile, para ir un día de paseo....", apunta ​María Ramos, tamén veciña de Moeche. 

Victoria e María teñen claro o primeiro que desexan facer cando todo isto remate.

"Abrazalos a todos si, e que viñesen á miña casa e poder ir eu á deles", di María.

Esta tarde toca cribado en Moeche. A ver se os abrazos volven pronto.

Noticias web

09/02/2021