CRTVG

Buscar

Moeche, o concello coa incidencia máis alta de Galicia

Publicado o 31/01/2021 22:25

O concello coa incidencia máis alta de Galicia é o de Moeche, con 5.710 positivos por cada cen mil habitantes. É un concello que pasou bastante ben a primeira e a segunda vaga da pandemia, pero nesta terceira estalles custando moito escapar da covid.

Malia que a incidencia está sendo tan alta neste concello, ata o de agora non houbo ningún falecido entre os positivos, nin sequera entre os maiores con enfermidades previas.

Pasear por Moeche esta tarde lembraba os momentos máis duros do confinamento, coas rúas completamente desertas. Tan só está aberta a farmacia porque lles cadra garda. A farmecéutica e o seu home foron dous dos contaxiados que xa están completamente recuperados.

Para evitar novos contaxios e detectar os positivos asintomáticos, a alcaldesa solicitou un cribado masivo e está pendente de que llo confirmen. O seu medo máis grande é que neste concello é moi frecuente a convivencia de tres e catro xeracións, co cal calquera contaxio implica un alto risco para os maiores.

Noticias web

31/01/2021