CRTVG

Buscar

Moeche e Cabanas, os concellos da área de Ferrol con maior incidencia do virus

Publicado o 17/02/2021 15:47

Con 1.911 casos por cen mil habitantes, o de Moeche é o concello da área de Ferrol coa incidencia máis alta a 14 días.

Nas últimas dúas semanas o municipio irmandiño sumou 23 novos contaxios. Aínda que a incidencia descende, e moitos veciños lograron curar.

As autoridades sanitarias vixían a situación na residencia de maiores, que suma 12 positivos, catro internos e 8 traballadores.

Máis complicada é a situación na DomusVi Laraxe de Cabanas, con 63 infectados, 51 deles usuarios do centro. É outro dos municipios de Ferrolterra coa incidencia disparada, 1.016 casos por cen mil. Aínda que os novos contaxios descenderon á metade con respecto á cifra de hai dúas semanas. Unha tendencia, a da caída dos casos, que se dá en xeral en toda a área, onde tamén comezan a descender as hospitalizacións.

Noticias web

17/02/2021