Podo ir á compra co meu fillo? O BOE aclara algunhas restricións do estado de alarma
O Consello de Ministros introduciu algunhas modificacións de interese xeral no decreto que regula o Estado de Alarma.
A norma xeral segue a ser que todos os desprazamentos se realicen de forma individual, "agás que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada". Deste xeito acláranse dúbidas e clarifícanse as restricións.
- Pódese levar ao neno ao supermercado ou á farmacia? Si, sempre que non teña con quen quedar no domicilio.
- Pódese acompañar un ancián á farmacia ou ao médico? Si, sempre que o necesite.
- Está permitido ir á praia? Non, e tampouco permanecer en xardíns, patios ou azoteas comunitarias.
O Goberno introduciu tamén cambios nos establecementos que poden abrir as súas portas. Ademais de supermercados, farmacias, estancos e quioscos de prensa, poderán abri tamén as clínicas veterinarias. Elimínanse desta relación os salóns de peiteado que, con todo, si poderán prestar servizo a domicilio cando sexa imprescindible.