CRTVG

Buscar

O Congreso lexislará para que as mascotas teñan custodia compartida en caso de separación

Publicado o 20/04/2021 19:39

• Os animais deixarán de ser considerados obxectos

Cada vez con máis frecuencia son os tristes protagonistas de litixios matrimoniais. Un dos casos máis soados, a recente saída a poxa dun boston terrier coma este nun xulgado de Lugo nun caso de divorcio sen acordo.

A poxa quedou aprazada, pero por casos coma este chegou ao Congreso dos Deputados un plan para modificar o Código Civil e que as mascotas deixen de ser considerados obxectos e os xuíces poidan decretar medidas de custodia compartida. A iniativa de PSOE e Unidas Podemos conta co apoio de todos partidos, agás o de Vox. 

Uns cambios que teñen unha boa acollida entre os amantes dos animais.

Outra modificación proposta é que os animais non poidan ser embargados en caso de débeda, algo que agora si que está contemplado.

 

Noticias web

20/04/2021