CRTVG

Buscar

Moderna pide autorización para a súa vacina en Europa e nos EUA

Publicado o 30/11/2020 13:11

Moderna acaba de anunciar que vai solicitar a autorización para a súa vacina contra a covid−19 en Europa e nos Estados Unidos.

Mediante un comunicado, Moderna sinala que os resultados dos ensaios da súa vacina indican unha eficacia que chegaría a un 94,1 por cento.

A farmacéutica presenta novos datos da terceira fase do seu estudo, con 196 pacientes, 33 deles maiores de 65 anos. O estudo superou os dous meses de seguimento despois da vacinación, tal e como solicitan as autoridades sanitarias internacionais.

A vacina podería chegar a España a comezos de 2021, logo de que a Unión Europea pechara un contrato con Moderna para adquirir 160 millóns de doses.