CRTVG

Buscar

Mocedades, o grupo pop español máis lonxevo, actúa este domingo en Vigo

Publicado o 01/08/2021 22:56

Os seus incondicionais, que son moitos, gozaron en Vigo coa actuación do grupo máis lonxevo do pop español, Mocedades. Son cabeza de cartel do festival TerraCeo, no Auditorio Mar de Vigo. O grupo regresa á cidade, 33 anos despois da súa última actuación. Non o fan sós, con eles as dúas corais polifónicas de Vigo, Atlántida e San Mamede, nun concerto para celebrar o 50 aniversario do grupo.

Noticias web

01/08/2021