CRTVG

Buscar

Mobilizacións contra o ere do BBVA, que prevé pechar 26 oficinas en Galicia

Publicado o 10/05/2021 20:27

Xornada de mobilizacións en diversas cidades españolas en protesta polo ere anunciado polo BBVA. En Galicia lugares como Lugo ou A Coruña foron escenario dalgunhas desas protestas, convocadas polas organizacións sindicais.

A entidade ten previsto o peche de 26 oficinas na nosa comunidade, con 122 traballadores afectados por despedimentos ou baixas incentivadas. No conxunto de España este ere do BBVA afectará un total de 2.500 postos de traballo.