Mobilización veciñal contra o baleirado da lagoa de Casalonga
Publicado o 27/10/2019 20:48
Mobilización veciñal en Teo contra o baleirado da lagoa da antiga canteira de Casalonga. A plataforma convocante, Casalonga limpa de residuos, considera que se trata dunha nova manobra para poñer en marcha o proxecto de recheo con refugallos proposto pola empresa propietaria da mina. Denuncian o perigo destes traballos, que non contan cun plan de seguridade, e as súas consecuencias medioambientais na contorna.