CRTVG

Buscar

Mobilización nas rúas galegas da CIG por unha saída xusta da crise

Publicado o 07/02/2021 14:08

E este domingo a CIG saíu á rúa nas principais cidades e vilas galegas.
Convocou unha xornada de mobilizacións dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a Central Intersindical Galega está a desenvolver dende o mes de outubro.

Os participantes nesta mobilización esixen políticas que permitan comezar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas .

Noticias web

07/02/2021