CRTVG

Buscar

Mobilización dos veciños de Teo contra unha planta de xestión de residuos

Publicado o 24/03/2019 15:22

No concello de Teo saíron á rúa centos de veciños convocados pola plataforma Casalonga Limpa de Residuos. A concentración desta fin de semana foi o acto final dunha serie de mobilizacións que se prolongaron 24 horas.

Os veciños manifestáronse en contra da creación neste concello dunha planta de xestión de residuos orgánicos da empresa Toysal. Levan meses posicionándose en contra da planta porque, segundo eles, o proxectado podería provocar "prexuízos irreparables na ecoloxía".

Noticias web

24/03/2019