CRTVG

Buscar

Moaña e Redondela superan os 300 casos por cada 100.000 habitantes

Publicado o 14/12/2020 16:23

Baixo as medidas máis duras, o nivel de contaxios segue a preocupar en Redondela, onde, polo momento, os casos seguen aumentando.

Preocupa a súa proximidade a Vigo, onde a situación mellora e con que mantén desprazamentos diarios. Tamén polo volume de poboación, o concello redondelán é un dos máis poboados da comarca de Vigo, cunha incidencia de máis de 300 casos por cen mil habitantes.

Con 121 casos activos, Redondela comparte situación con Moaña, tamén co mesmo nivel de restricións máximas.

A alta incidencia rexistrada nos últimos días nas dúas localidades levou o Sergas a realizar cribados masivos.

En Moaña está chamada toda a poboación, é dicir, máis de 19.000 veciños, e a resposta está superando todas as expectativas.

Detectar os positivos asintomáticos é agora a prioridade das autoridades sanitarias. E buscan facelo a través dos cribados naqueles municipios cunha alta incidencia da covid-19.

Noticias web

14/12/2020