CRTVG

Buscar

Mireia Belmonte e Saúl Craviotto serán os abandeirados do equipo español en Toquio

Publicado o 12/05/2021 21:23

Saúl Craviotto e Mireia Belmonte serán os abandeirados do equipo olímpico español en Toquio. É a primeira vez na historia que hai unha dobre representación, unha muller e un home. A nadadora e o padexeiro teñen catro medallas olímpicas cada un. E poden ampliar o seu palmarés. Mireia, de 30 anos, ten un ouro, dúas pratas e un bronce. Competirá en dúas probas nestes xogos. Craviotto, de 36 anos, conta con dous ouros, unha prata e un bronce, e buscará outro metal máis comeptindo no K4 500. A cerimonia inaugural será o 23 de xullo.

Noticias web

12/05/2021